martes, 23 de febrero de 2016

ANIVERSARIOS DE CLAUDIA E MARTINA

A semana pasada foi o aniversario da nosa compañeira Claudia e hoxe foi o de Martina. Así que hoxe celebramos o das dúas xuntas. Fixémoslles a coroa e cantámoslles a canción. Que guapas estaban!! Felicidades chicas!!





jueves, 11 de febrero de 2016

ANIVERSARIOS DE LUCAS JUNCAL E SARA

Hoxe celebramos os aniversarios de Lucas Juncal e de Sara  que cumpriron catro anos estes días de vacacións de Entroido.Coma sempre fixemos a coroa e cantamos a canción. Pasámolo moi ben!!









miércoles, 10 de febrero de 2016

DIA DE DISFRACES

Disfraces, música, merenda, desfile...
O Venres tivemos unha mañá moi animosa e o cole encheuse de animais diferentes e divertidos.
Ademáis queimamos a Cabanón!!


ENTROIDO

Durante a semana pasada o cabanón mandounos traer unha cousa cada día, e o xoves, día antes da festa, tódalas cousas xuntas: Unha garavata, un pixama e algo na cabeza. Asi de guapos viñemos todos:





Ademáis fixemos unha careta de koala que nos quedou moi chula!!




E por último o venres vimos todos vestidos de animais. Había de todo: lobos, mariquitas, leóns, abellas, mouchos...






lunes, 1 de febrero de 2016

XA CHEGA O ENTROIDO


Xa estamos quentando motores para a celebración do entroido. O cabanón, disfrazado de dálmata invítanos a traer cada día desta semana unha cousa: o luns unha garabata, o martes un pixama, o mércores algo na cabeza, o xoves todo o anterior xunto e o VENRES todos disfrazados de animais para celebrar a nosa festa do entroido!!!




DÍA DA PAZ

O Venres día 29 celebramos todos xuntos o día da Paz.
Todos os nenos e nenas do cole, coa axuda de Gonzalo escribimos e puxemos música a esta bonita canción que fala de paz e da igualdade. "Xuntos no camiño"
Cantade con nós!!!

CUMPREANOS DE BERTO

O luns día 25 de xaneiro foi o cumpreanos do noso compañeiro Berto. Coma sempre fixémoslle a súa coroa e puxemos a tarta coas catro velas dos anos que cumpría. E por suposto cantámoslle a canción. Felicidades Berto!!