lunes, 28 de septiembre de 2015

TODOS XUNTOS NO COLE

Esta semana tivemos moitas novidades. A máis importante foi que xa estamos todos xuntos na clase.





Así que a profe Isa levounos a coñecer a aula de música. 








Gustounos un montón!
E xa tocamos o noso primeiro instrumento: as maracas.









Visitounos a profe Mª José cos nenos e nenas de 4 anos
 



Ensináronnos algunha canción e fixemos xogos divertidos.






Tamén trouxemos a merenda ó cole. Que ricos os bocatas!.




Moi pronto poderedes ver os manteliños que estamos a facer para tomar a merenda




Despois de coller forzas saímos todos xuntos o noso patio.






Añadir leyenda



Pasámolo xenial nos columpios e xogando coas landras.

Despois do patio descansamos un ratiño escoitando música relaxante. Algún case se queda durmido!








E xa por último contamos un conto que nos encanta a todos: "El pollo Pepe".



Estas foron algunhas das cousas que estivemos a facer. En novas entradas contarémosvos moitas máis.

martes, 22 de septiembre de 2015

CARTEL DOS CUMPREANOS

A semana pasada estivemos a traballar muito. Fixemos entre todos un cartel onde aparecen as nosas fotos no mes no que cumprimos anos cada un de nós.


O primeiro que fixemos foi sacar as fotos. A profe axudounos un pouquiño!


Despois puidemos ver as nosas fotos no ordenador e imprimilas.

 Que divertido! Sae a miña foto nun papel!





O seguinte paso foi recortar
as fotos coa tesoira, tarefa 
complicada pero coa axuda
da profe resoltou xenial.

Cando xa tiñamos tódalas fotos recortadiñas pasamos a plastificalas na nosa máquina. Saen ben quentiñas!



E xa por último só nos quedaba pegar a nosa foto no cartel da xirafa que tiña un pescozo tan longo que en cada lazo leva un mes do ano. Cada un pegou a súa foto no mes que naceu.



E así de bonito quedou o noso cartel dos cumpreanos.



lunes, 21 de septiembre de 2015

O NOSO AMIGO

Ainda que a maioría xa o coñecedes, temos un amigo na nosa clase que o coidamos tódolos días: un peixe. Polo de agora non ten nome porque estamos a pensar nel, pero imos a ensinármovolo para que o coñezades. É moi lambón e a súa pecera ten luces!!!








Para poder ver ben as luces da pecera decidimos pechar as persianas e apagar as luces. Qué divertido!! 


domingo, 13 de septiembre de 2015

PRIMEIRO DIA NO COLE

Foi un día moi importante e ainda que todos estabamos un pouco nerviosos o final todo resultou estupendo. Algúns imos xa moi contentos o novo cole porque temos irmáns que tamén están  nel, outros imos algo máis tímidos pero mantendo o tipo e outros cóstanos algo máis pero pouco a pouco  iremolo superando.





Como era o primeiro día estivemos coñecendo a nosa aula, os nosos compañeiros e maís as nosas profes: María e Andrea.